FESTA DO MAGOSTO
Queridas familias, dende a Xunta Directiva da APA queremos
recuperar a fermosa tradición do Magosto e convidámosvos a facer entre todos unha
xuntanza para estar un anaco de leria, xogar, escoitar algo de música e, por
suposto, papar castañas. Será o venres,
16 de novembro, de 18h a 21h, na parte superior do colexio, concretamente,
no espazo do patio de columnas e do patio cuberto.

Quen queira pode traer pratos ou postres caseiros para facer
unha degustación de receitas que
leven, a poder ser, algún ingrediente propio do tempo no que estamos, aínda que
non é requisito necesario.
Os máis mañosos tamén podedes traer colares e figuriñas de castañas para armar unha mostra de zonchos e artesanías.
Os máis mañosos tamén podedes traer colares e figuriñas de castañas para armar unha mostra de zonchos e artesanías.
Ese día vestide calzado e roupa cómoda porque pais e avós
imos xogar cos nosos fillos e netos aos xogos
populares de sempre. Lembrade os vosos tempos da infancia para poder ensinarlles
a lanzar as chapas ou facer bailar as buxainas; darlle á comba ou termar da goma;
poderemos facer equipo con eles nunha carreira de tres pés ou de sacos, axudárlles
a manter o equilibrio sobre os zancos ou brincar á mariola; demostrarlles as nosas
habilidades coa ra, os aros ou a chave,…
En definitiva, vide preparados porque imos disfrutar a reo cos nosos cativos dunha tarde de xolda.
En definitiva, vide preparados porque imos disfrutar a reo cos nosos cativos dunha tarde de xolda.
Para a boa organización desta actividade axudaríanos ter unha
aproximación das persoas que ides asistir. Podedes apuntarvos pinchando AQUÍ
![]() |
Empresa colaboradora |
Comentarios
Publicar un comentario
La publicación de los comentarios esta sujeta a la decisión del administrador.