Campamentos de Verán Xunta 2010

A XUNTA PON A DISPOSICIÓN DA MOCIDADE GALEGA ARREDOR DE 9.000 PRAZAS PARA OS CAMPAMENTOS E ACTIVIDADES DE VERÁN

Para os mozos e mozas de entre os 9 e os 17 anos, a Dirección Xeral de Xuventude oferta campamentos nas catro provincias galegas, así como noutras comunidades autónomas. Nas instalacións, desenvolveranse actividades de carácter recreativo, turístico, cultural, e deportivo, entre outras.

O prazo para presentar as solicitudes remata o próximo día 23 de marzo, que se poderán presentar tano por escrito como por vía telemática. De feito, sortearanse prazas de balde entre aqueles que opten polo dixital para facer a súa inscrición na campaña.


+ información

Comentarios

Entradas populares