DÍA DAS LETRAS GALEGAS: CONCERTO GRAMOLA GOMINOLA


Co motivo do «Día das Letras Galegas» a ANPA organizou, o pasado venres día 13, un concerto para os nenos e profesores do colexio.


Foi un gusto poder contar con GRAMOLA GOMINOLA neste día de festa da nosa lingua! Poidemos disfrutar do seu espectáculo «BRAVAS», espectáculo que pon en valor as Superheroínas que tratan de cambiar o mundo cos seus superpoderes. Megatronca, Superlingua, A Guerreira do Arco da Vella e A Banda Pica Pica, entre outras, empregan os seus poderes, por exemplo,  para protexer a natureza, defender a nosa lingua e visibilizar as emocións. Puro Rock and Roll en galego con cancións marchosas e cheas de mensaxes para os nosos nenos.


Dúas sesións intensas, nas que os rapaces (e os adultos) cantaron, saltaron, bailaron e interactuaron cos membros de Gramola... En resumo, unha mañá xenial que de seguro non esquecerán.



Comentarios

Entradas populares