IV PRIMAVERANDO
Será o vindeiro sábado, 21 de abril, a partir das
17:30 h, no polideportivo cuberto da escola e, se o tempo o permite, tamén
no patio da escola.
Dispoñeremos
de inchables, música de fondo e faremos obradoiros cos rapaces
entroncados coa temática da primavera. Poderán participar neles en calquera
momento da xornada, repartidos por idades. Coma sempre contamos coa
colaboración de Axiña.
Como
novidade este ano contaremos tamén cunha exhibición de Trial grazas
a colaboración de TrialBiciCoruña.
Pretendemos
un encontro interxeracional a través do traballo cooperativo polo que os
obradoiros están abertos a nenos e pais.
Tamén levaremos a cabo un espectáculo de animación, do que
poderán desfrutar todos os asistentes á festa.
Agora
ben, para facer unha romaría completa, precisamos da vosa colaboración e alentámosvos a traer biscoitos, empanadas, rosquillas,
tortas ou o que vos queirades para compartir entre todos.
Haberá un posto de bebidas que será atendido polos alumnos de 6º de primaria que desexen participar. O importe recaudado destinaráse a excursión dos mesmos.
Haberá un posto de bebidas que será atendido polos alumnos de 6º de primaria que desexen participar. O importe recaudado destinaráse a excursión dos mesmos.
A
entrada é de balde pero agradeceríamosvos que fagades a inscripción neste
formulario para facilitarnos a correcta organización dos obradoiros e da
actividade en xeral.
Comentarios
Publicar un comentario
La publicación de los comentarios esta sujeta a la decisión del administrador.