DÍA DAS LETRAS GALEGAS - TEATRO EN GALEGO (2ª PARTE)

Hola a tod@s de novo.

Como vos contabamos onte, aquí tedes a segunda entrega.

Hoxe continuamos co grupo teatral Caramuxo e a súa representación de "As Fabas Máxicas".


Disfrutamos coas aventuras da infancia de Xan e a súa avoa, a vaca Flora e a galiña Petunia, mesmo tivemos a visita dun xigante.

Esta versión do clásico popular que todos coñecemos deixóunos admirar  este espectáculo de Títeres que arrancou os risos dos nosos rapaces e, por suposto, non faltaron momentos cheos de emoción e sensibilidade grazas a musicalidade de cancións como "Laka-Koffa" e "De Levante por San Telmo".

Ata máis ver.

Comentarios

Entradas populares