PRIMAVERANDO
Queridas
familias, dende fai dous anos, a Xunta Directiva da APA, propúxose favorecer a
xuntanza entre as familias recuperando algunhas das tradicións propias da nosa
terra.
Paro
o primeiro trimestre argallamos o Magosto e os cursos pasados fixemos unha
ROMERÍA DOS MAIOS, e una ROMERÍA DOS ESPANTALLOS no segundo trimestre que foron
todo un éxito gracias á vosa participación e colaboración.
Este
ano queremos facer unha ROMERÍA
DA PRIMAVERA que nos achegue, a nenos e
maiores, ao xeito tradicional en Galicia de festexar o inicio da primavera.
Será o venres, 10 de abril, a partir das 18:15 h, no polideportivo
cuberto da escola.

Pretendemos un encontro interxeracional a través do traballo cooperativo polo que os obradoiros están abertos a nenos e pais.
Contaremos cun espectáculo de danza moderna a cargo da compañía Artestudio,
porque o baile sempre foi unha forma de festexar a chegada da primavera.
Por
suposto, teremos música, pero esta vez será un
auténtico concerto en vivo e en directo de:
Pablo Díaz e a súa banda
Tocarán
na nosa escola as cancións do seu novo
disco “Xente miúda moita fartura”, e tamén TOC-TOC e TIC-TAC, cheas
de ritmos ben distintos que farán que se mova ata o máis teso. A través do
folk, rock, pop, blues e mesmo do jazz, escoitaremos cancións que son contos,
historias que se converten en cantigas, letras que nos falan do noso medio, as
nosas fragas, os nosos mares…
Os que non o teñades, xa podedes ir
mercando o disco para practicar porque ese día imos todos a cantar ata esfolar
a gorxa... Se cadra Pablo, bótanos un autógrafo ao rematar a actuación!!!
Por
último, para facer unha romería completa, solicitamos a vosa colaboración e animámosvos a traer biscoitos, empanadas, rosquillas,
tortas ou o que queirades para compartir entre todos.
A entrada é de balde pero agradeceríamosvos que fagades a inscripción neste formulario para facilitarnos a correcta organización dos obradoiros e da actividade en xeral.
Contamos con todos vos porque... unha festa sen festeiros… non é festa!!
Con la colaboracion da Deputación da Coruña
Comentarios
Publicar un comentario
La publicación de los comentarios esta sujeta a la decisión del administrador.