FESTA DO MAGOSTO

O pasado venres festexamos o Magosto na escola. Aínda que o tempo estaba algo desapacible, o patio cuberto, os xogos e a calor do lume das castañas axudaron a facer moi bo ambiente. Mágoa do apagón de luz que obrigou a rematar coa festa antes do previsto (...cousas de meigas)
Queremos dárvolas gracias a tódolos que vos achegastes para pasar un anaco de leria e aos que trouxestes xantares e riquísimos postres para compartir. 
Gracias tamén a AXIÑA e á Asociación de Veciños de Feans pola súa desinteresada axuda para entreter aos cativos con xogos tradicionais e asar as castañas (que estaban de medo!!)

Comentarios

Entradas populares