PRIMAVERANDO

Queridas familias, este ano, dende a Xunta Directiva da APA, propuxémonos favorecer a xuntanza entre as familias recuperando algunhas das tradicións propias da nosa terra. 
No primeiro trimestre argallamos un Magosto que foi todo un éxito gracias á vosa participación e colaboración.
Agora queremos facer unha ROMERÍA DOS MAIOS que nos achegue, a nenos e maiores, ao xeito tradicional en Galicia de festexar o inicio da primavera, o tempo das flores e da semente. 

Con la colaboración de la Diputación de la Coruña

Será o venres, 12 de abril, a partir das 18:30h, 
no polideportivo cuberto da escola.

Faremos obradoiros con danzas, xogos e ritmos da nosa terra. Aprenderemos cómo se fan as fermosas estructuras dos “maios florais”, compostas de laranxas, millo, flores e moita imaxinación coa fin de alonxar as pestes, ratos e mesmo ás temidas meigas da colleita. Tamén faremos sinxelos instrumentos musicais que nos axudarán a festexar con ritmo e moita marcha o cambio de estación. Pretendemos un encontro interxeracional a través do traballo cooperativo polo que os obradoiros están abertos a nenos e pais.
Por suposto, teremos música, pero esta vez será un auténtico concerto en vivo e en directo de:
Pablo Díaz e a súa banda
Tocarán na nosa escola as cancións do seu libro-disco Tic-Tac, cheas de ritmos ben distintos que farán que se mova ata o máis teso. A través do folk, rock, pop, blues e mesmo do jazz, escoitaremos cancións que son contos, historias que se converten en cantigas, letras que nos falan do noso medio, as nosas fragas, os nosos mares… 
Os que non o teñades, xa podedes ir mercando o disco para practicar porque ese día imos todos a cantar ata esfolar a gorxa. ...Se cadra Pablo, bótanos un autógrafo ao rematar a actuación!!!
Por último para facer unha romería completa, solicitamos a vosa colaboración e animámosvos a traer biscoitos, empanadas, rosquillas, tortas ou o que queirades para compartir entre todos.

A entrada é de balde pero agradeceríamosvos que fagades a inscripción neste FORMULARIO para facilitarnos a correcta organización dos obradoiros e da actividade en xeral.


Contamos con todos vos porque... unha festa sen festeiros… non é festa!!

¡¡ QUEDAMOS !!

Comentarios

  1. Os queremos dar la enhorabuena por esta y por todas las actividades que estáis desarrollando. No dejáis de sorprendernos. Estamos muy orgullosos de vosotros. Muchas gracias por estar ahí.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muchas gracias!!! No sabéis lo bien que nos viene vuestro reconocimiento para recargar las pilas.

      Eliminar
  2. Hola,

    Os pediría que todas las comunicaciones por escrito,las realicéis,tanto en Gallego como en Castellano.
    Muchas Gracias por todo,

    ResponderEliminar
  3. Gracias a tí Jorge por tu comentario. En nuestros comunicados por escrito procuramos utilizar tanto el gallego como el castellano de forma indistinta, si bien es cierto que no lo hacemos de forma simultánea para simplificar nuestro trabajo. Entendemos que ambas lenguas son propias de nuestro entorno y que lo importante es el mensaje.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Enhorabuena por todo vuestro trabajo gratuito y desinteresado del que nos beneficiamos tod@s nosotros y nuestros hijos. Respectos al idioma de las comunicaciones, totalmente de acuerdo con vosotros, aunque ya sabeis que siempre tenemos que poner un pero a todo, incluso a un trabajo bien hecho.
      Gracias!!!

      Eliminar
  4. Hola: yo hablo habitualmente en castellano, pero no tengo ningún inconveniente en que las circulares las escribáis sólo en gallego. He nacido aquí y lo entiendo perfectamente. Pero puede que Jorge Formoso no sea gallego y no lo entienda...
    Saludos. Teresa.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

La publicación de los comentarios esta sujeta a la decisión del administrador.

Entradas populares