TEATRO EN GALEGO


A APA do colexio, baixo o patrocinio do Concello de A Coruña, programou varias actividades por mor do Día das Letras Galegas adicado este ano a D. Valentín Paz Andrade, autor, na súa faceta de escritor da biografía de Castelao: “Castelao, na luz e na sombra”.
O día 8 de maio os alumnos de Educación Infantil e os tres primeiros cursos de Primaria  asistiron á representación de dúas obras de teatro da compañía DUENDE SICO.
Os cativos de Infantil viviron con emoción o conto de “Vaia Carapuchiña bermella” a través de monicreques que deron vida ás clásicas persoaxes da nena, o lobo, a avoa e o cazador e enchéronse de ledicia co feliz desenlace.
Os rapaces de 1º, 2º e 3º de Primaria viron á obra “As andanzas de Elías”, una historia na que o protagonista tiña medo das pantasmas, emprendendo longas viaxes para superalo ata caer  na conta de que o único xeito de vencer o medo é aprender cousas dos demáis. Elías e outras figuras coma o trasno, Colina e Musicolino fixeron que todos gozaran a reo con estas representacións.
O día 15 de maio foron os rapaces de 4º, 5º e 6º os que disfrutaron dun espectáculo en galego a cargo da compañía ARTESTUDIO.

Comentarios

Entradas populares