Hemos añadido el enlace para acceder a la interesante "Axenda" de la Biblioteca Gonzalez Garces en el Apartado "Cultura y Ocio en Familia". Desde la Biblioteca nos han transladado la siguient información

Achegamos a programación infantil do mes de NOVEMBRO e información adicional dunha actividade para nenos de 9 a 12 anos: a creación dun blog en inglés
Para participar nela é preciso facer reserva previa (só dispoñemos de 12 prazas ) , ben por correo electrónico ( bppmgonzalezgarces@xunta.es ) ou ben presencial na sala infantil polas tardes ou na sala de consulta polas mañás. Pódese reservar exclusivamente a partir do sábado anterior á data da actividade (por ex., para o 7 de novembro podes recoller a invitación ou solicitala por e-mail a partir do sábado 31 de outubro)

Sábado 7 : Contos cos trasnos pola Compañía do Trinke-Trinke (Para nenos de 3 a 7 anos) + Creación dun blog en inglés (para nenos de 9 a 12 anos, ás 12 h. na Sala Web da Biblioteca)
Sábado 14: Remoldiño vai á feira (contancontos para os máis pequenos por Casahamlet)
Sábado 21 : Contos cos trasnos pola Compañía do Trinke-Trinke (Para nenos de 3 a 7 anos) + Creación dun blog en inglés (para nenos de 9 a 12 anos)
Sábado 28 : Story World: contos en inglés e español (Para nenos de + 5 anos)
Sábados ás 11:30 horas

Luns 23: Contacontos na lingua de signos ás 18.30 horas para nenos de + 3 anos

Comentarios

Entradas populares