MAGOSTO 2012: GRAZAS!!

O pasado venres, a choiva non conseguiu amainar as ganas de troula. Durante tres horas fixemos castañas, papamos postres saborosísimos, xogamos a unha chea de cousas, escoitamos música e démoslle ao palique todo o que puidemos. Foi un serán do máis entretido e os cativos disfrutaron a reo.
Dende a Xunta Directiva da APA queremos darvos a grazas a todos: aos veciños de Feans que argallaron con tambores de lavadora e bidóns vellos un asador de castañas que daba xenio velo; a Antonio, pai de infantil, que puxo á nosa disposición material da sua empresa de lecer, AXIÑA, para que os nenos puidesen xogar sen parar; ao colexio que cedeu o espazo necesario para poder facer a festa; aos monitores en prácticas do Inef e ás nais da escola que colaboraron de xeito altruista na preparación e desenrolo desta actividade. 
Grazas tamén aos que vos puxestes a cociñar e trouxestes postres para degustar. Demos boa conta de todos eles e estaremos encantados de publicar na web da APA as vosas receitas se queredes compartilas cos demáis.

Pero, por riba de todo, grazas aos centos de persoas que decidistes pasar esa tarde festexando o Magosto con nós porque unha festa, por moi ben organizada que esté, non é festa se non ten festeiros!!

Aquí vos deixamos algunhas imaxes do Magosto 2012:
Vídeo Magosto 2012

Comentarios

  1. MAGOSTO

    Muchas gracias por hacernos pasar una tarde muy entretenida, disfrutando de las castañas y sobre todo de los distintos postres, además de los juegos infantiles, a pesar del mal tiempo.
    Familia Pérez Prieto

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias a vosotros por participar y darle sentido a nuestro trabajo.

      Eliminar
  2. Estuvo muy bien, si señor, espero que hagan una actividad parecida el próximo año.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

La publicación de los comentarios esta sujeta a la decisión del administrador.

Entradas populares