TEATRO EN GALEGO - TEATRO DOS GHAZAFELHOS

O Martes día 15, co motivo da festividade do Día das Letras Galegas, tiveron lugar as actuacións do Teatro en Galego que organiza o APA para todos os alumnos do colexio.


Este ano, contamos coa compañía Teatro dos Ghazafelhos; e representaron unha obra titulada RUBICUNDO.

A obra conta unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias.

Todas as noites, Rubicundo sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pechada. Semella que ninguén repara nesta personaxe, enfundada nun gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás Erea. Disposta a chegar ate o fin daquel misterio… Pois así era esta rapaza… curiosa e soñadora…

Pasamos un rato moi moi divertido; cunha obra chea de sorpresas, pasando pola música, os monicreques, acrobacia, claquéfacendo difícil de esquecer esta máxica historia.

Deixamos unhas fotos no seguinte ligazón

Comentarios

Entradas populares