IV PRIMAVERANDO



Queridas familias, fai tres anos que a Xunta Directiva da APA organiza unha ROMARÍA DA PRIMAVERA que nos achega, a nenos e maiores, ao xeito tradicional en Galicia de festexar o inicio desta época do ano, pretendendo así, favorecer a xuntanza entre as familias.



Será o vindeiro sábado, 21 de abril, a partir das 17:30 h, no polideportivo cuberto da escola e, se o tempo o permite, tamén no patio da escola.

Dispoñeremos de inchables, música de fondo e faremos  obradoiros cos rapaces entroncados coa temática da primavera. Poderán participar neles en calquera momento da xornada, repartidos por idades. Coma sempre contamos coa colaboración de Axiña.




Como novidade este ano contaremos tamén cunha exhibición de Trial grazas a colaboración de TrialBiciCoruña.



Pretendemos un encontro interxeracional a través do traballo cooperativo polo que os obradoiros están abertos a nenos e pais.

Tamén levaremos a cabo un espectáculo de animación, do que poderán desfrutar todos os asistentes á festa.

Agora ben, para facer unha romaría completa, precisamos da vosa colaboración e alentámosvos a traer biscoitos, empanadas, rosquillas, tortas ou o que vos queirades para compartir entre todos.
Haberá un posto de bebidas que será atendido polos alumnos de 6º de primaria que desexen participar. O importe recaudado destinaráse a excursión dos mesmos.

A entrada é de balde pero agradeceríamosvos que fagades a inscripción neste formulario para facilitarnos a correcta organización dos obradoiros e da actividade en xeral.

Comentarios

Entradas populares