PRIMAVERANDO 2014

Queridas familias, dende o ano pasado a Xunta Directiva da APA, propúxose favorecer a xuntanza entre as familias recuperando algunhas das tradicións propias da nosa terra. 

Paro o primeiro trimestre argallamos os Magostos e o curso pasado fixemos unha ROMERÍA DOS MAIOS no segundo trimestre que foi todo un éxito gracias á vosa participación e colaboración.

Este ano queremos facer unha ROMERÍA DOS ESPANTALLOS que nos achegue, a nenos e maiores, ao xeito tradicional en Galicia de festexar o inicio da primavera, o tempo das flores e da semente.

Será o venres, 21 de marzo, a partir das 18:00h, 
no polideportivo cuberto da escola.

Aprenderemos a facer mini-espantallos para as macetas das nosas casas e montaremos un 
obradoiro de danza moderna a cargo da compañía Artestudio, porque o baile sempre foi unha forma de festexar a chegada da primavera. 
Pretendemos un encontro interxeracional a través do traballo cooperativo polo que os obradoiros están abertos a nenos e pais.
Con la colaboracion da Deputación da Coruña







Por suposto, teremos música, pero esta vez será un auténtico concerto acústico de
Magín Blanco 

Tocará na nosa escola as cancións do seu libro-disco A nena e o grilo nun barquiño, cheas de pequenas e orixinais historias para os máis cativos.

Por último, para facer unha romería completa, solicitamos a vosa colaboración e animámosvos a traer biscoitos, empanadas, rosquillas, tortas ou o que queirades para compartir entre todos.

A entrada é de balde pero agradeceríamosvos que fagades a inscripción neste FORMULARIO para facilitarnos a correcta organización dos obradoiros e da actividade en xeral.

Contamos con todos vos porque... unha festa sen festeiros… non é festa!!

Comentarios

Entradas populares